AVALIACIÓN CONTINUA:
O alumnado deberá superar, con polo menos 5 puntos sobre 10, cada unha das cinco probas parciais (4 de teoría e 1 de práctica). Se nalgunha das probas parciais non se acada a nota mínima, a cualificación en Acta (Primeira convocatoria) será sempre a nota máis alta dos exames suspensos. As probas teóricas e prácticas suspensas poderán ser recuperadas na Segunda Convocatoria, conservando as cualificacións das probas superadas durante o cuadrimestre. A cualificación dos seminarios non é recuperable na Segunda Convocatoria.
AVALIACIÓN GLOBAL:
Excepcionalmente, o alumnado que opte por non realizar a avaliación continua poderá solicitar a avaliación global e realizar o exame completo da materia (contidos teóricos e prácticos) no prazo establecido polo centro. Esta avaliación realizarase nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade.
EN AMBAS MODALIDADES DE AVALIACIÓN:
O alumnado que, tendo suspensa a proba global ou a algunha das probas parciais do cuadrimestre, non compareza para a súa recuperación na Segunda Convocatoria, figurará na Acta como "Non Presentado".
AVALIACIÓN DO ALUMNADO MATRICULADO POR SEGUNDA OU SUCESITIVAS VECES:
Avaliación continua:
Conservaranse as notas da parte teórica e práctica aprobada, así como dos seminarios (durante 2 anos). Se así o consideran, poderán asistir ás prácticas voluntariamente ou non.
Avaliación xeral:
Excepcionalmente, o alumnado que opte por non realizar a avaliación continua poderá solicitar a avaliación global e realizar o exame completo da materia (contidos teóricos e prácticos) no prazo establecido polo centro. Esta avaliación realizarase nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade.
OUTROS COMENTARIOS:
O alumnado non poderá dispoñer de teléfono móbil ou outro dispositivo electrónico na clase salvo que sexa necesario para a realización dunha actividade, que será previamente comunicada polo profesorado.
Data do exame final: consultar enlace mar.uvigo.es/alumnado/examenes/
O alumnado que curse esta materia está obrigado a ter un comportamento responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. A conduta fraudulenta pode significar suspender o curso durante un curso completo. Destas actuacións levarase un rexistro interno para que, en caso de reincidencia, solicite ao reitor a apertura de expediente disciplinario.