Para superar a materia, será necesario superar todas as probas e ter unha media de aprobado (50%). A asistencia ás prácticas, seminarios e saídas ao campo son obrigatorias e consideraranse na porcentaxe de cualificación. Poderanse admitir ausencias por causas xustificadas. O exame final en calquera das convocatorias incluirá calquera aspecto teórico ou práctico que se expuxo durante o curso, incluíndo as saídas ao campo. Os alumnos que non asistan aos seminarios ou ás prácticas non poderán presentar as memorias correspondentes. Para superar a materia na segunda convocatoria os alumnos terán que realizar un exame de cada unha das partes da materia que non superaran. Opción de avaliación global: A
solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma
que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo
académico. Dado o carácter experimental das prácticas, seminarios e sáida de estudo, a asistencia ás mesmas é
obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia, sen causa xustificada, invalida esta posibilidade, así como a
oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). A fecha, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:
http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.
Considerase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/unha alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo diseñado con este propósito. As conductas fraudulentas poderán supoñer suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ó rectorado dun expediente disciplinario. |