RECORDATORIO FORMA DE CUALIFICACIÓN
Insístese en que a asistencia ás actividades presenciáis da materia é obrigatoria. Cando a asistencia sexa inferior ao 80% do total das actividades, non se cualificará ao estudante. Para as saídas de campo e/ou barco será necesario asistir ao 100% das mesmas.
Hai que alcanzar polo menos o 40% da puntuación máxima parcial en cada unha das entregas dos bloques para poder compensar facendo media coa cualificación obtida nas outras entregas.
Se non se supera a materia, non se conserva a cualificación obtida nos bloques para o curso seguinte.
FORMATOS DE ENTREGA
A non ser que se diga explicitamente o contrario todas as entregas han de realizarse en formato electrónico a través da plataforma MOOVI. Non se admitirán envíos por email, ou entregas en papel.
CON RESPECTO AOS PRAZOS ENTREGA
É importante que teñades en conta os prazos de entrega dos traballos. Todos os prazos expiran ás 24:00 do día indicado. Superado o prazo, considerarase que non se entregou o traballo.
CON RESPECTO Á AUTORÍA DOS TRABALLOS
As entregas de traballos en grupo son responsabilidade do estudante que remite o traballo, quen actúa como coordinador. Isto afecta o número de coautores (se houbese límite), á contribución de cada coautor (se algún se repetise ou faltase) e á data de entrega.
Non se admitirá engadir autores unha vez o traballo fose entregado.
Autores que se repitan en máis dun traballo non serán aceptados.
Non se aceptarán traballos plaxiados en parte ou na súa totalidade.
A PLATAFORMA TEMA É O MEDIO DE COMUNICACIÓN OFICIAL DA MATERIA
Sempre prevalecerá o establecido no programa que aparece en MOOVI e o indicado ou modificado sobre este por correo electrónico polo responsable da materia; sobre o que se indique en clase de teoría, prácticas, seminarios, titorías ou campo.
HONORABILIDADE
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.
Considérase inadmisible calquera forma de fraude (é decir, copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente. |