Código |
Descrición |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer e utilizar o vocabulario, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía e aplicar todo o aprendido nunha contorna profesional e/ou de investigación. |
B2 |
Planificar e executar traballos de campo e de laboratorio, aplicando as ferramentas e técnicas básicas para a mostraxe, adquisición de datos e análises na columna de auga, fondo e subsolo. |
B3 |
Recoñecer e implementar boas prácticas de medida e experimentación, e traballar de maneira responsable e segura tanto en campaña como en laboratorio. |
B4 |
Xestionar, procesar e interpretar os datos e información obtidos tanto en campo como en laboratorio. |
C1 |
Coñecer a un nivel xeral os principios fundamentais das ciencias: Matemáticas, física, química, bioloxía e xeoloxía. |
C12 |
Adquirir coñecementos sobre procesos e produtos relacionados cos ciclos xeolóxicos internos e externos. |
C13 |
Adquirir as técnicas e metodoloxías sedimentológicas, geoquímicas e geofísicas básicas empregadas en identificación, aproveitamento e sustentabilidade dos recursos naturais dos medios litorais e mariños. |
C14 |
Coñecer conceptos e feitos básicos do cambio global obtidos a partir de rexistros xeolóxicos. |
D1 |
Desenvolver a capacidade de procura, análise e síntese da información orientada á identificación e resolución de problemas. |
D2 |
Adquirir a capacidade de aprender de forma autónoma, continua e colaborativa, organizando e planificando tarefas no tempo. |