PRIMEIRA OPORTUNIDADE A cualificación final da materia será a suma da nota
obtida en cada unha das probas propostas, sempre e cando a cualificación de
cada unha delas sexa superior ó 40% da nota da proba. No caso de non acadar ese mínimo, a calificación será de suspenso. Considerarase a cualificación de NON PRESENTADO ó
alumnado que non se presente nin ao exame final de teoría nin á proba de
prácticas A asistencia ás clases prácticas É OBRIGATORIA, e por tanto aquel estudante
que non asista ao 100% das clases sen causa xustificada non poderá ser avaliado
desta parte, e non poderá recuperar esta parte na Segunda Oportunidade. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na Segunda Oportunidade conservaranse os resultados xa aprobados na
Primeira Oportunidade, coa excepción dos cuestionarios de Teoría: xa que non
‘descontan materia’ todo o contido de Teoría deberá ser recuperado en conxunto
no Exame, que incrementa o seu peso na nota final ata o 55%. Na Segunda Oportunidade, a parte práctica da materia poderá ser recuperada
cun exame de prácticas, co mesmo peso na cualificación final (25%). Na Segunda Oportunidade deberán repetir o Traballo aqueles estudantes que
non acadaran a metade da nota (0.7) na primeira oportunidade, pero de xeito
individual, e co mesmo peso na cualificación final (1.5). Na Segunda Oportunidade poderá ser recuperada a cualificación obtida nos
seminarios (5%) mediante un “Exame de preguntas obxectivas” (test). Igual que na Primeira Oportunidade, a cualificación
final da materia será a suma da nota obtida en cada unha das probas propostas
sempre e cando a cualificación de cada unha delas sexa superior ó 40% da nota
da proba. En caso de non superar a materia, as cualificacións dos
seminarios e os traballos tutelados poderán ser conservadas dun curso para o
seguinte, pero só unha vez. Opción de avaliación global A solicitude para esta opción de avaliación
terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será
publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental
das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta
opción de avaliación. A porcentaxe da parte práctica terá o mesmo peso que no caso de avaliación continua (25%), e o resto da cualificación deberase obter no exame final. En ambas partes (teórica e práctica) debe alcanzarse alomenos a mitade da nota para superar a materia.A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta
posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª
oportunidade). Os exames celebraranse segundo nas datas aprobadas en Xunta de Facultade (http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/) Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e
honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (ex. copia ou plaxio)
encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a
alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este
propósito. A conduta fraudulenta poderá supor o suspenso da materia por un
curso completo, e a reincidencia conducirá á apertura de un expediente
disciplinario fronte á Reitoría. |