O alumno deberá cumprimentar a sua ficha na plataforma MOOVI, achegando fotografía na que sexa reconocible. Este requisito é imprescindible para a realización das prácticas, os seminarios e as distintas probas. Aconséllase aos alumnos que utilicen unha dirección de e-mail da Universidade de Vigo cando se dirixan ao profesor por esta vía e que o fagan sempre coa debida identificación (nome e apelidos, curso e titulación) e indicando o asunto. Aconséllase a asistencia ás clases maxistrais. Resolución de problemas e / ou exercicios: A nota media dos problemas / exercicios debe ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para ser tidos en conta na avaliación final.Seminarios: a realización dos seminarios é obrigatoria para a superación da materia. A nota media dos seminarios deberá ser igual ou maior que 5 (sobre 10) para que sexa tida en conta na nota final. Prácticas de laboratorio: a realización das prácticas e do exame e/ou informe das mesmas son obrigatorios para a superación da materia. A nota das prácticas deberá ser igual ou maior que 5 (sobre 10) para que sexa tida en conta na nota final. O exame final consistirá nunha proba de test e resposta curta de todos os temas impartidos nas clases maxistrais e seminarios. Para superar a materia a nota do exame final debe ser igual ou superior a 5 (sobre 10). 2ª oportunidad (convocatoria de julio): Ao alumno que teña que presentarse á avaliación da 2º oportunidade por non superar próbalas tipo test e de resposta curta,conservaráselle a nota das probas superadas durante o curso. Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. A non realización das probas obrigatorias (Seminarios e Prácticas de Laboratorio), sen a debida xustificación, elimina as opcións da avaliación global e da 2ª oportunidade de recuperar o contido e os % correspondente ás devanditas actividades. As datas oficiais dos exámenes
actualizadas e aprobadas pola Xunta de Facultade poden consultarse
en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calqueraforma de fraude ( copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo deproba, informe ou traballo. O comportamento fraudulento pode implicar suspender a materia un curso completo. Levaraseun rexistro interno destas actuacions e, en caso de reincidencia, pedirase a la Reitoria a abertura dun expediente disciplinar. |