A cualificación final da materia virá dada pola suma
ponderada das cualificacións obtidas nos apartados que compoñen a avaliación,
sempre que se acade o mínimo esixido en cada un deles. Para superar a materia é obrigatorio realizar as
prácticas e acadar polo menos o 50% da puntuación máxima posible desta
actividade. O
alumnado que só realice as prácticas recibirá a cualificación resultante da
aplicación da porcentaxe correspondente a este apartado. Así mesmo, a cualificación correspondente ás probas de
desenvolvemento será a media da cualificación obtida en ambas, sempre que se
acade unha puntuación igual ou superior a 4,0 puntos sobre 10,0. No caso de que
non se obteña a dita puntuación, a cualificación que se reflectirá na acta será
a media das cualificacións das probas, sen contar ningún dos demais apartados. A participación do alumnado en calquera das actividades
de avaliación da materia implicará a condición de “presentado/a” e, polo tanto,
a asignación dunha cualificación na materia. Para
iso terase en conta a asistencia ás sesións de prácticas (dúas ou máis), a entrega de
exercicios propostos polo profesorado (20%) e a realización dunha das probas
escritas. Avaliación na convocatoria extraordinaria (2ª
oportunidade) A cualificación
final virá dada pola suma ponderada das cualificacións dos apartados que
compoñen a avaliación. Para
superar a materia será necesario obter a cualificación mínima esixida en cada
apartado. Nesta convocatoria manteranse as porcentaxes anteriores,
mantendo as cualificacións obtidas nas prácticas e na resolución de exercicios
e preguntas. O alumnado poderá
recuperar a nota correspondente ás probas de desenvolvemento (60%) mediante a
realización dunha proba global. Para
superar a materia é preciso acadar nesta proba unha puntuación igual ou
superior a 4,0 puntos sobre 10,0. De non
acadarse esta puntuación, a cualificación que quedará reflectida na acta será a
nota da proba global, sen contar ningún dos demais apartados. Avaliación global O alumnado que desexe optar á avaliación global (EG)
deberá solicitala no prazo e na forma que estableza a Facultade. Esta
información estará a disposición dos alumnos antes do comezo do curso escolar. Para superar a materia é necesario que o alumnado que
opte polo EG realice as prácticas e acade polo menos o 50% da puntuación máxima
posible desta actividade. Ademais, estes estudantes realizarán unha proba global
na que se abordará todo o contido da materia na data fixada pola Xunta de
Facultade. Esta
proba constituirá o 85% da cualificación final da materia, tanto na convocatoria
ordinaria como na segunda oportunidade. Para
superar a materia é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 4,0
puntos sobre 10,0 nesta proba. De non
acadarse esta puntuación, a cualificación que quedará reflectida na acta será
unicamente a nota da proba global, sen contar ningún dos demais apartados. Outras
consideracións Realización
das probas de avaliación O
calendario das probas de avaliación pódese consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/
IMPORTANTE Os
estudantes están obrigados a cursar esta materia cunha conduta responsable e
honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (é dicir, copia e/ou
plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos ou destreza alcanzado por un
alumno ou alumna en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado para
este fin. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que
establece a normativa vixente. |