Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Neste apartado pódense valorar diferentes aspectos como:
- O traballo realizado no laboratorio.
- O informe das prácticas realizadas.
- A proba con preguntas relacionadas co traballo realizado durante as prácticas que se realizarán cando rematen as mesmas.

A realización das prácticas é obrigatoria.
15 B4
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita na que se comprobará o nivel de coñecementos teóricos e resolución de problemas. Parte da materia poderá ser liberada se nesta proba se obtén unha nota igual ou superior a 4,0 puntos sobre 10,0.

A proba terá lugar a mediados do cuadrimestre.

Ver "Outros comentarios"
30 A1
A5
B4
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita na que se comprobará o nivel de coñecementos teóricos e resolución de problemas.

Celebrarase na data fixada pola Xunta de Facultade.

Ver "Outros comentarios"
30
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a resolución de problemas e cuestións propostas, na aula e/ou na plataforma Moovi, segundo as pautas establecidas polo profesorado nas clases e seminarios da materia. 25 A1
C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final da materia virá dada pola suma
ponderada das cualificacións obtidas nos apartados que compoñen a avaliación,
sempre que se acade o mínimo esixido en cada un deles.

Para superar a materia é obrigatorio realizar as
prácticas e acadar polo menos o 50% da puntuación máxima posible desta
actividade. O
alumnado que só realice as prácticas recibirá a cualificación resultante da
aplicación da porcentaxe correspondente a este apartado.

Así mesmo, a cualificación correspondente ás probas de
desenvolvemento será a media da cualificación obtida en ambas, sempre que se
acade unha puntuación igual ou superior a 4,0 puntos sobre 10,0. No caso de que
non se obteña a dita puntuación, a cualificación que se reflectirá na acta será
a media das cualificacións das probas, sen contar ningún dos demais apartados.

A participación do alumnado en calquera das actividades
de avaliación da materia implicará a condición de “presentado/a” e, polo tanto,
a asignación dunha cualificación na materia. Para
iso terase en conta a asistencia ás sesións de prácticas (dúas ou máis), a entrega de
exercicios propostos polo profesorado (20%) e a realización dunha das probas
escritas.

 

Avaliación na convocatoria extraordinaria (2ª
oportunidade)

A cualificación
final virá dada pola suma ponderada das cualificacións dos apartados que
compoñen a avaliación. Para
superar a materia será necesario obter a cualificación mínima esixida en cada
apartado.

Nesta convocatoria manteranse as porcentaxes anteriores,
mantendo as cualificacións obtidas nas prácticas e na resolución de exercicios
e preguntas. O alumnado poderá
recuperar a nota correspondente ás probas de desenvolvemento (60%) mediante a
realización dunha proba global. Para
superar a materia é preciso acadar nesta proba unha puntuación igual ou
superior a 4,0 puntos sobre 10,0. De non
acadarse esta puntuación, a cualificación que quedará reflectida na acta será a
nota da proba global, sen contar ningún dos demais apartados.

 

Avaliación global

O alumnado que desexe optar á avaliación global (EG)
deberá solicitala no prazo e na forma que estableza a Facultade. Esta
información estará a disposición dos alumnos antes do comezo do curso escolar.

Para superar a materia é necesario que o alumnado que
opte polo EG realice as prácticas e acade polo menos o 50% da puntuación máxima
posible desta actividade.

Ademais, estes estudantes realizarán unha proba global
na que se abordará todo o contido da materia na data fixada pola Xunta de
Facultade. Esta
proba constituirá o 85% da cualificación final da materia, tanto na convocatoria
ordinaria como na segunda oportunidade. Para
superar a materia é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 4,0
puntos sobre 10,0 nesta proba. De non
acadarse esta puntuación, a cualificación que quedará reflectida na acta será
unicamente a nota da proba global, sen contar ningún dos demais apartados.

 

Outras
consideracións

 

Realización
das probas de avaliación

O
calendario das probas de avaliación pódese consultar en: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/


IMPORTANTE

Os
estudantes están obrigados a cursar esta materia cunha conduta responsable e
honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (é dicir, copia e/ou
plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos ou destreza alcanzado por un
alumno ou alumna en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado para
este fin. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que
establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000