Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química II
   Contidos
Tema Subtema
1. Principios da termodinámica A enerxía interna e o primeiro principio. Entalpía. Capacidades caloríficas. Gases ideais e primeiro principio. Entropía e segundo principio. Cálculo de diferenzas de entropía. Entropía, reversibilidade e irreversibilidade.
2. Funcións termodinámicas

As funcións de Gibbs e Helmholtz. Ecuacións de Gibbs. Cálculo de cambios nas funcións de estado. Magnitudes molares parciais. Potencial químico.
3. Equilibrio de fases en sistemas dun compoñente Condicións de equilibrio entre fases. A regra das fases. Diagrama de fases da auga. As ecuacións de Clapeyron e Clausius-Clapeyron.
4. Termodinámica das disolucións ideais
Potencial químico dun gas ideal. Potencial químico dunha mestura de gases ideais. Disolucións ideais. Presión de vapor. Disolucións diluídas ideais. Propiedades coligativas: a súa influencia na auga de mar. Presión osmótica.
5. Termodinámica das disolucións reais e de electrolitos
Desviacións da lei de Raoult. Actividade e coeficiente de actividade. Determinación de actividades e coeficientes de actividade. Potencial químico en disolucións de electrolitos e o seu coeficiente de actividade. Teoría de Debye-Hückel. Termodinámica do ión solvatado. A auga de mar como disolución electrolítica. Tratamento cuantitativo de disolucións polielectrolíticas.
6. Termodinámica do equilibrio químico Equilibrio químico e grao de avance dunha reacción. Variación da constante de equilibrio coa temperatura. Equilibrio químico en disolucións reais. Equilibrio químico en disolucións de electrólitos. Efecto da forza iónica sobre o equilibrio.
Prácticas de laboratorio

Realizaranse prácticas relacionadas cos seguintes temas:
Calor. Capacidade calorífica. Calor integral e diferencial. Calor de disolución e neutralización. Método de solubilidade: entalpía. Método calorimétrico: entalpía, calor, calor de reacción, capacidade térmica. Potencial químico. Estudo do equilibrio líquido-vapor de mesturas de dous líquidos. Entalpía de vaporización. Diagrama de fases. Regra das fases. Lei de Raoult. Aumento ebulloscópico. Actividade. Coeficiente de actividade. Equilibrio químico. Constante de equilibrio. Forza iónica e o seu efecto na constante de equilibrio. Produto de solubilidade. Efecto da forza iónica na solubilidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000