Seminario |
As clases de seminario dedicaranse fundamentalmente á resolución de problemas e, cando sexa necesario, afondar sobre os aspectos dos temas que presenten maiores dificultades ao alumnado. |
Prácticas de laboratorio |
Realización, baixo a supervisión do profesor pero de maneira autónoma, de prácticas de laboratorio relacionadas coa materia.
As prácticas realizaranse por parellas.
Con antelación suficiente, o alumnado disporá, na plataforma correspondente, dos guións das prácticas. O guión presentará os elementos esenciais para realizar a práctica a nivel experimental, así como os puntos básicos do seu fundamento teórico e do tratamento dos datos.
Ao terminar as prácticas, realizarase unha avaliación mediante unha proba escrita, entrega de informe e/ou proba oral segundo o criterio do docente. A asistencia ás sesións de prácticas É OBRIGATORIA. |