Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Matemáticas: Matemáticas I Código V10G061V01104
Titulación
Grao en Ciencias do Mar
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Galego
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinador/a
Alonso Álvarez, José Nicanor
García Cutrín, Francisco Javier
Correo-e jnalonso@uvigo.es
fjgarcia@uvigo.es
Profesorado
Alonso Álvarez, José Nicanor
García Cutrín, Francisco Javier
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral A materia Matemáticas I, na titulación de Grao en Ciencias do Mar, ten como función primordial proporcionarlle ao alumnado a linguaxe, os coñecementos e as principais técnicas matemáticas básicas que precisará tanto na súa formación como no exercicio profesional.

Contribuirá a desenvolver o razoamento lóxico para a resolución de problemas, a capacidade de análise de datos, a interpretación de resultados e a síntese de conclusións. Fomentarase a participación, a colaboración e o espírito crítico.

Buscarase a comprensión e o manexo dos conceptos e as técnicas fundamentais de álxebra lineal e cálculo, así como a súa aplicación a diversas áreas de estudo do medio mariño.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais
poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións
en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000