O sistema de avaliación da materia será avaliación continua, no que valoraranse os seguintes items: asistencia a aula (5%); seminarios (15%); prácticas de laboratorio (30%); saída de estudos (10%); exame (40%). Dado o caracter experimental da materia, considérase que a asistencia polo menos ao 80% das prácticas, seminarios e saídas de estudos, é obrigatoria para adquirir os resultados de aprendizaxe da materia sexa cal for a oportunidade (ordinarioa e extraordinaria) e/ou o sistema de avaliación (continua o global). Por tanto, si non se cumpre dita asistencia non poderase superar a materia. Para poder facer media coa nota do exame, a cualificación mínima na Resolución de Problemas e/ou Exercicios; Prácticas de Laboratorio; e Informe de Prácticas, Practicum e Prácticass Externas ha de ser dun 5/10. De igual maneira, para poder sumar o resto de probas, no exame ten que ter polo menos un 3.5/10. O alumnado que non superase a materia no curso 23/24, non estará obrigado a repetir, durante o curso 24/25, as práccticas de laboratorio, seminarios e saídas de estudos conservándose a nota. A solicitude para la opción de avaliación global terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será
publicado con anterioridade ao comezo académico. Para as comunicacións co profesorado recoméndase o uso da mesaxería da plataforma *MooVi, ademaiss do uso da conta de correo institucional (@alumnos.*uvigo.es) Os alumnos do Programa Universitario para Maiores da Universidade de Vigo que elixan esta materia dentro do ciclo de Integración para podela superar tendrán que asistir polo menos ao 80% das sesións maxistrais así como polo menos ao 80% do resto das metodoloxías empregadas (seminarios, prácticas de laboratorio e prácticas de campo). Doutra banda, valorarase o grao de integración cos alumnos do grao. Durante as clases non permitirase o uso dos teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, salvo para actividades exclusivamente relacionadas coa materia. Outras consideracións A data, hora e lugar da realización do examen, publicaranse na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/*examenes/ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considerarase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas porán supor suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. |