Xeoloxía I céntrase nos procesos que teñen lugar no interior do noso planeta e impártese no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Ciencias do Mar. A materia aborda a estrutura interna e a composición da Terra, así como os procesos fisicoquímicos que as regulan. Cobre disciplinas xeolóxicas clave como a mineraloxía, a petroloxía e a tectónica.
Materia con opción en inglés: O estudantado internacional pode solicitar ao profesorado:
a) materiais do curso e referencias bibliográficas en inglés,
b) titorías en inglés,
c) exames e outras probas de avaliación en inglés.