OPCIÓN DE AVALIACIÓN GLOBAL: O alumnado que desexe optar pola avaliación global deberá solicitalo no plazo e na forma que estipule o Centro. Esta información estará disponible para todo o alumnado antes do inicio do periodo docente. Para superar a materia deberá realizar e superar a avaliación das Prácticas de Laboratorio (30% da nota global) con cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Ademais, deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia, que contará o 70% da nota final, tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria. Prácticas de laboratorio: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria, dado o seu caracter experimental, por tanto no caso de ausencias non xustificadas non se terá dereito á recuperación desta metodoloxía nin na modalidade de avaliación global nin na oportunidade extraordinaria (convocatoria de xullo). Seminarios: A nota obtida en seminarios só será válida durante un curso académico. O alumnado de cursos anteriores deberá presentarse de novo ás probas e realizar as entregas dos problemas propostos. En caso de evaluación global o 30% correspondente a esta metodoloxía será evaluado no exame final. Oportunidade extraordinaria (2ª Oportunidade): No caso de avaliación continua, nesta convocatoria poderase realizar unicamente a recuperación do exame de problemas da convocatoria ordinaria (40%). Os alumnos que NON superasen os 5 puntos sobre 10 na nota de seminarios e da memoria prácticas de laboratorio, poderán mellorala na oportunidade extraordinaria (convocatoria de xullo). Outras consideraciones: A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levaráse un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar ao reitorado a apertura dun expediente disciplinario. |