A cualificación final da materia inclue: a) A nota derivada da resolución de problemas, exercicios ecuestionarios ó longo do curso (60 %: Bioloxia Celular 30 %, Xenética 30%). Esta nota manterase, de ser o caso, para a segunda oportunidade b) A nota obtida no exame da primeira ou segunda oportunidade (40 %: Bioloxía Celular 20 %, Xenética 20 %). Para aprobar a materia, é requisito imprescindible alcanzar un mínimo de 2 puntos en cada un dos dous bloques que compoñen a materia (Xenética e Bioloxía Celular) e un mínimo de 5 no total. É tamén necesario obter un mínmo de 4 puntos sobre 10 no examen de Xenética . En caso de non se alcanzar este mínimo, a cualificación numérica máxima a reflectir na Acta será 4,5. No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero que se supére ou iguale o valor de 2,5 nun dos dous bloques (Xenética ou Bioloxía Celular), manterase esta puntuación para a segunda oportunidade do curso, sempre e cando o alumno exprese explicitamente a súa conformidade. Opción de avaliación global: A
solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo
e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao
comezo académico. No caso de que se opte á avaliiación global, todo se avalía nunha soa proba (100% da nota)
A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ Os alumnos que repitan a materia deberán participar en todas as actividades programadas. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario |