Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Análise de datos e fundamentos de intelixencia artificial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de preguntas abertas de desenvolvemento xunto con resolución de problemas prácticos. 40 B8
C5
D6
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe de resolución de
3 casos prácticos, baseados nos contidos abordados en clases de prácticas. Realizarase con axuda de soporte informático. Serán dúas probas diferenciadas cun valor do 30% en cada caso.
60 B8
C5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O proceso de avaliación continua avaliarase mediante a fórmula: 

MAX(0.4EX+0.3*P1+0.3*P2;EX) 

onde se indica que a nota final será o resultado do máximo da media ponderada cos informes de prácticas e exame de preguntas de desenvolvemento, ou ben o exame de preguntas de desenvolvemento. 

Para a avaliación da segunda oportunidade en avaliación continua, realizarase un exame de preguntas de desenvolvemento con soporte informático que terá un peso do 100%. A nota da avaliación continua obtida na primeira oportunidade gardarase para a segunda oportunidade cando o alumno o solicite, no caso de que desexe subir nota, sendo a final, a máis favorable das dúas situacións. 

En caso de renuncia á avaliación continua, tanto en primeira como en segunda oportunidade, realizarase un exame de preguntas de desenvolvemento con soporte informático que terá un peso do 100%. 

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000