A primeira oportunidade en avaliación continua se leva a cabo durante o segundo cuadrimestre de docencia. Para a entrega das probas previstas (estudo de casos, traballo), se habilitará a plataforma de teledocencia (Moovi), estableciendo un cronograma de entrega de tarefas de maneira asíncrona. Para a segunda oportunidade en avaliación continua, se deberán entregar as mesmas probas que na primeira oportunidade, e se habilitará de novo o acceso á plataforma docente (desde o día seguinte ao peche de actas da primeira oportunidade e ata o día oficial de cualificación da materia). Se mantendrá a cualificación obtida nas probas presentadas en primeira oportunidade, a non ser que o alumno/a queira presentarse a subir nota (a nota final sempre será a mais favorable de ambas oportunidades). Para a segunda oportunidade en modalidade avaliación continua, os criterios de avaliación serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade. O alumnado ten dereito a solicitar a avaliación global (mediante solicitude expresa, nos prazos oficiais). En ambas as convocatorias, esta avaliación consistirá na entrega de dous casos de estudo (60%) e un traballo (40%), todos eles a entregar no día oficial de cualificación da materia. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:
http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |