Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Monitorización y procesamento de información xeoespacial no ámbito da auga
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Pequenos traballos de desenvolvemento nos que se expón ao alumnado un encenario de estudo, real ou ficticio, que presenta unha determinada problemática. O alumnado debe aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestión expostas.

Ao longo do materia planificaranse dous casos de estudo, un no Tema 5 “variables e índices de interese higrográfico”, e outro no Tema 6 “Elaboración de modelos raster/vectoriais (xeoprocesos)”. O alumno deberá resolver a tarefa de maneira autónoma e individual, e entregar un informe de resultados. O peso relativo sobre o 100% da cualificación final da materia será de 30% cada caso de estudo.
60 B7
C5
Traballo O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración dun documento (proxecto autónomo e individual) sobre a temática da materia. Requírese que o alumnado aplique competencias de xestión ademais de competencias de índole técnica. Ademais da memoria técnica, contémplase a presentación oral dos resultados en aula. 40 B7
C5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A primeira oportunidade en avaliación continua se leva a cabo durante o segundo cuadrimestre de docencia. Para a entrega das probas previstas (estudo de casos, traballo), se habilitará a plataforma de teledocencia (Moovi), estableciendo un cronograma de entrega de tarefas de maneira asíncrona. 

Para a segunda oportunidade en avaliación continua, se deberán entregar as mesmas probas que na primeira oportunidade, e se habilitará de novo o acceso á plataforma docente (desde o día seguinte ao peche de actas da primeira oportunidade e ata o día oficial de cualificación da materia). Se mantendrá a cualificación obtida nas probas presentadas en primeira oportunidade, a non ser que o alumno/a queira presentarse a subir nota (a nota final sempre será a mais favorable de ambas oportunidades). 

Para a segunda oportunidade en modalidade avaliación continua, os criterios de avaliación serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade.

O alumnado ten dereito a solicitar a avaliación global (mediante solicitude expresa, nos prazos oficiais). En ambas as convocatorias, esta avaliación consistirá na entrega de dous casos de estudo (60%) e un traballo (40%), todos eles a entregar no día oficial de cualificación da materia.  

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:
http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000