Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Recursos subterráneos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase con dúas probas de resposta obxectiva ou tipo test de valor 20 puntos cada unha. Puntuación mínima requirida: 8 sobre 20 en cada unha das probas. 40 B3
B5
C4
D4
Resolución de problemas Avaliarase con dúas probas de resolución de problemas de valor 15 puntos cada unha. Puntuación mínima requirida: 6 sobre 15 en cada unha das probas. 30 B3
B5
C4
D4
Estudo de casos Proba consistente na resolución dun caso de estudo similar aos presentados na aula. Valorarase a súa contextualización e presentación de alternativas para a súa resolución. 30 B3
B5
C4
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As porcentaxes de cualificación mostradas previamente son as que se empregarán para a avaliación na primeira oportunidade en modalidade avaliación continua. É necesario superar o mínimo indicado nas probas asociadas con Lección Maxistral e Resolución de Problemas, e alcanzar un 5 na nota global, para superar a materia. En ningún caso exporase a realización de probas que supoñan máis do 40% da cualificación da materia nun mesmo día.

Na segunda oportunidade da modalidade avaliación continua, exporanse diferentes probas que permitan alcanzar a puntuación máxima en cada un dos apartados considerados. Gardaranse as cualificacións obtidas na primeira oportunidade sempre que se alcance o mínimo establecido e o alumnado o solicite. Para superar a materia será necesario alcanzar un 5 na nota global.

Se se renuncia á avaliación continua, todos os contidos da materia serán avaliados mediante un único exame final (100%), tanto na primeira como na segunda oportunidade do sistema de avaliación global.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: 
https://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000