Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Tecnoloxías de recuperación de augas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Tecnoloxías de recuperación de augas Código V09M195V01113
Titulación
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rosales Villanueva, Emilio
Correo-e emiliorv@uvigo.es
Profesorado
Díez Sarabia, Aida María
Rosales Villanueva, Emilio
Sanroman Braga, María Ángeles
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral A utilización de augas rexeneradas e outras fontes alternativas de auga, convertéronse nun elemento máis da xestión integrada dos recursos hídricos, que brinda unha serie de oportunidades e beneficios evidentes tales como: permitir unha mellor xestión dos recursos ao liberar volumes comprometidos de auga de maior calidade para outros usos, incluído o abastecemento; incrementar os recursos dispoñibles en zonas costeiras ou garantir unha maior fiabilidade e regularidade da subministración.
Neste contexto, nesta materia, o alumnado adquirirá coñecementos sobre os parámetros de calidade da auga e a normativa relacionada, en base ao uso que vaia a darse á auga rexenerada. Ademais, abordarase como os distintos tratamentos permiten a reutilización das augas e incrementar os recursos hídricos mediante fontes alternativas e os seus posibles usos (ambientais, urbanos, industriais, como auga potable).
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000