Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Tecnoloxías de recuperación de augas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Dentro desta proba de avaliación englóbase dous tipos de exame
de preguntas obxectivas:
+ Tipo test nas sesións maxistrais cuxo valor representará un 10%
+ Cuestións curtas que se realizarán en diversos controis ao longo do curso, cuxo valor representará un 30%
40 B4
C3
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse problemas nos que o alumnado terá que demostrar a súa capacidade para a súa resolución 20 B4
C3
D3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Realización de diversas simulacións de procesos que se deberán entregar tras as sesións de prácticas de simulación que se realizarán ao longo do curso 20 B4
C3
D3
Presentación Presentación dun tema e/ou os resultados do estudo de casos 20 B4
C3
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade avaliación continua: A participación do estudante nalgún dos sistemas de avaliación da materia implicará a condición de presentado e a súa cualificación nas actas. Requírese unha asistencia mínima o 75% das horas prácticas ou seminario da materia para ter dereito á avaliación das mesmas. A nota da avaliación continua será a suma das obtidas en cada metodoloxía requiríndose un 4 sobre 10 en cada unha delas e que a nota global sexa superior a 5.

Segunda oportunidade avaliación continua: Na segunda convocatoria os/as alumnos/as realizarán un exame final no cal se lles avaliará de todas as metodoloxías docentes aplicadas ao longo da materia. Sendo esta nota o 100% da cualificación.

Renuncia á avaliación continua: Os/as alumnos/as que renunciasen á avaliación continua realizarán, tanto en primeira como en segunda oportunidade, un exame final no cal se lles avaliará de todas as metodoloxías docentes aplicadas ao longo da materia. Sendo esta nota o 100% da cualificación.

Calendario de exames: Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro.
https://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000