Describir os principios, conceptos e dimensións que comprende a xestión integrada dos recursos hídricos, e o seu papel como ferramenta clave para alcanzar a seguridade hídrica e avanzar na consecución dos ODS asociados. Identificar os problemas relacionados co desenvolvemento, uso e acceso á auga. Identificar e comparar a lexislación en materia de augas, no ámbito europeo, estatal, autonómico e local, así como interpretar os marcos conceptuais sobre desenvolvemento sostible e a súa aplicación ao ámbito da auga, cunha focalización específica nos ODS. Proporcionar as ferramentas para explicar a economía da auga. Enumerar os aspectos de fiscalidade pública que poden ser relevantes na xestión da auga.
|
|
B1
|
|
|
Empregar e comparar a lexislación en materia de augas e os marcos conceptuais en materia de desenvolvemento sostible. Operar con ferramentas que permitan estimar as variables económicas (macro e micro) vinculadas á auga, e empregar as ferramentas para aplicar unha adecuada fiscalidade e política de custos á auga.
|
|
|
C1
|
|