1. Primeira edición de actas:
O estudante deberá elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final (avaliación global).
a) Sistema de avaliación continua.- Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:
1.- A participación activa e de calidade nas clases, especialmente nos "Seminarios", que representará o 35% da cualificación final.
2.- A realización e entrega por escrito dun traballo individual sobre un tema de actualidade, relacionado cos contidos da materia, coas pautas e extensión que sinale o profesorado da materia. O devandito traballo deberá entregarse nas semanas previas á realización da proba final e representará o 25% da cualificación final.
3.- A realización dun exame final que consistirá nunha proba tipo test e que representará o 40% da cualificación final.
b) Sistema de avaliación global ou exame final.- O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua, ou que quede excluído do mesmo por non alcanzar a porcentaxe de asistencia mínima requirida, realizará un exame final. Este exame representará o 100% da cualificación da materia, e consistirá nunha proba tipo test na que se avaliarán os resultados de formación e aprendizaxe da materia.
2. Segunda edición de actas:
a) O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua, e non quedou excluído do mesmo, conservará a nota que obtivo previamente (suma da cualificación obtida coa participación activa e de calidade na aula xunto coa cualificación resultante do traballo individual entregado). Nestes casos, o exame consistirá nunha proba tipo test que representará 40% da cualificación final.
b) O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua, ou que quedou excluído do mesmo por non alcanzar a porcentaxe de asistencia mínima requirida, realizará un exame final. Este exame representará o 100% da cualificación da materia, e consistirá nunha proba tipo test na que se avaliarán os resultados de formación e aprendizaxe da materia.
Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: https://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |