Os obxectivos da materia son: (i) identificar os aspectos básicos da interrelación entre a enxeñaría, a tecnoloxía e a sociedade, (ii) fomentar unha actitude crítica e reflexiva sobre o papel da enxeñaría no escenario social actual e (iii) desenvolver competencias para integrar a responsabilidade social e os principios do desenvolvemento sustentable na práctica profesional. Exponse como unha materia na que se abordan diferentes temáticas, de carácter transversal e cuxo coñecemento contribúe a proporcionar algunhas claves sobre a relación enxeñaría-sociedade.