Guia docente 2025_26
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Drones no ámbito dos recursos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Drones no ámbito dos recursos Código V09M148V11311
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodríguez Somoza, Juan Luis
Correo-e jlsomoza@uvigo.es
Profesorado
Arias Sánchez, Pedro
Rodríguez Somoza, Juan Luis
Web http:// moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Os drons teñen unha ampla gama de aplicacións na xestión de recursos, desde a agricultura de precisión ata a vixilancia ambiental e a inspección de infraestruturas. A súa capacidade para recoller datos rapidamente e acceder a zonas remotas ou perigosas convérteos en ferramentas valiosas para a conservación, a minería, a xestión forestal, a agricultura sostible e a planificación urbana.

Nesta materia, veremos os diferentes tipos de Vehículos Aéreos non Tripulados (UAV), os sensores a bordo, os equipos complementarios dos UAV, a lexislación relevante e a execución de proxectos no campo dos recursos (minería e enerxía, silvicultura, agricultura sostible, planificación urbana, etc.), todo complementado con varios casos de estudo reais, con manexo de Drons (en zoas de interior) e saídas de campo.

Tamén analizaremos as restricións e características do manexo de instrumentación baseada en Sistemas Aéreos Pilotados Remotamente (drons), a planificación, execución e validación da recollida de datos mediante Sistemas Aéreos Pilotados Remotamente e, finalmente, analizaremos a cadea de procesamento e análise de datos para resolver proxectos de Drons no ámbito dos recursos (minería e enerxía, silvicultura, agricultura sostible, urbanismo, etc.).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000