En avaliación continua de primeira oportunidade realizanse 3 probas: - Unha proba parcial de preguntas de desenvolvemento cun peso do 30% sobre a nota final. Esta proba realizarase durante o curso. - Unha proba parcial cunha parte de preguntas de desenvolvemento e un peso do 20% sobre a nota final; e un parte de desenvolvemento de exercicios cun peso do 20% sobre a nota final. Esta proba realizarase durante o curso - Unha resolución de estudo de casos cun peso do 30% sobre a nota final. Esta proba realizarase na data asignada no calendario oficial de exames.
En avaliación continua de segunda oportunidade, na data designada no calendario oficial de exames, realizarase unha proba dividida nas seguintes partes: - Unha parte de preguntas de desenvolvemento, cun peso do 50% sobre a nota final. - Unha parte de resolución de exercicios, cun peso do 20% sobre a nota final. - Unha parte de resolución dun caso de estudo, cun peso do 30% sobre a nota final.
En avaliación global, realizarase unha proba, nas datas designadas no calendario oficial de exames, que constará de: - Unha parte de preguntas de desenvolvemento, cun peso do 50% sobre a nota final. - Unha parte de resolución de exercicios, cun peso do 20% sobre a nota final. - Unha parte de resolución dun caso de estudo, cun peso do 30% sobre a nota final.
Calendario de exames, páxina web do centro:
|