Unha vez comezado o cuadrimestre o
estudantado terá un mes para comunicarlle ao coordinador da materia a súa decisión de renunciar ao
sistema de avaliación continua e pasar a avaliación global. Avaliación continua, primeira oportunidade: Antes
da data oficial do exame na convocatoria ordinaria, a cualificación de cada
estudante virá da suma do Primeiro Parcial (35%) + Segundo Parcial (35%) + Presentación
oral (20%) + Informe prácticas (10%). Cada parcial terá dúas partes: unha de
teoría e outra de problemas. En cada parcial deberá obterse unha cualificación
mínima de 3.5/10 tanto na teoría como nos problemas. Se non se superan os
mínimos, a cualificación dese parcial corresponderase coa cualificación mínima
obtida. O estudantado que non obteña máis dun 4/10 nos parciais terá que facer a
parte correspondente a dito parcial no exame oficial. É
importante subliñar que as prácticas non son obrigatorias pero o estudantado
poderá presentar o informe das prácticas de tódolos xeitos e será avaliado. Se o
estudantado non supera algún dos parciais (cunha cualificación mínima de 4/10),
terá que facer a súa parte correspondente no exame final na data oficial da
primeira oportunidade. Neste caso, o exame terá un peso na nota final do 35%
(se non aproba un parcial) ou do 70% (se non aproba ningún dos dous parciais).
Como o indicado previamente, no exame final, na teoría e nos problemas das partes equivalentes
a cada parcial deberá obterse unha cualificación mínima de 3.5/10. Se non se
superan os mínimos, a cualificación desa parte equivalente a un parcial será a
cualificación mínima obtida na teoría ou nos problemas. O resto de actividades seguen
tendo o mesmo peso que os indicados previamente: Presentación oral (20%) +
Informe prácticas (10%). Sumaranse as cualificacións, se a media dos dous
parciais ou das partes equivalentes no exame oficial é superior ao 4/10. Avaliación continua, segunda oportunidade: O
estudantado terá dereito a un exame cun peso dun 100% da nota final da materia.
Neste caso o estudante deberá obter como mínimo un 4/10 tanto na teoría como
nos problemas.
Se non se superan os mínimos, a
cualificación corresponderase coa cualificación mínima obtida. O exame estará
aprobado cunha cualificación de 5/10. Avaliación global: O estudantado
que renuncie ao sistema de avaliación continua poderá presentarse ao exame final
da materia nas datas oficiais, tendo este exame un peso dun 100% da nota final.
En cada unha delas deberá obterse unha cualificación mínima de 4/10 tanto na
teoría como nos problemas. Se
non se superan os mínimos, a cualificación final do exame corresponderase coa
cualificación mínima obtida. O exame estará aprobado cunha cualificación de
5/10. Calendario de exámenes. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |