Consideracións avaliación continua primeira oportunidade: A avaliación continua require de asistencia continua a clase. En caso de optar á avaliación continua o alumnado: Deberá entregar un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado. Isto mesmo aplicarasse ao informe dos casos expostos para as prácticas de informática, sendo necesario neste caso que o alumnado demostre que ten as bases teóricas requiridas para a compresión da materia involucrada en ditas prácticas. Poderá presentarse a parciais da materia que liberarán do exame final a condición de que a nota mínima alcanzada en todos e cada un deles sexa polo menos do 50% do seu total.
Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínimaa do 40% na parte teórica (exame final) e outro tanto na parte práctica (informes e exposición dos exercicios ou exame final). Consideracións avaliación continua segunda oportunidade: Na convocatoria de segunda oportunidade, a materia evaluaráse cun exame único, no cal a parte teórica supondrá un 60% da nota e a resolución de problemas e exercicios o 40% restante. Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (sobre 60%), e dun 40% na parte de exercicios (sobre 40%). Consideracións avaliación global: O alumnado que renuncie á avaliación continua da materia evaluarase cun exame único, no cal a parte teórica supondrá un 60%
da nota e a resolución de problemas e exercicios o 40% restante.
Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (sobre 60%), e dun 40% na parte
de exercicios (sobre 40%). Calendario de exames. Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |