Prácticas de laboratorio |
Realización das prácticas relacionadas no programa, individuais ou en grupo dependendo do
número de alumnos/as. Avaliarase a súa destreza no laboratorio e a súa capacidade de interpretar
resultados. |
Resolución de problemas |
Resolución en clase de distintos tipos de exercicios relacionados cos temas. Avaliarase a participación na resolución dos mesmos. Avaliaranse algúns feitos nas horas de clase. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Realización de exercicios individual e en grupo que se avaliarán e corrixiranse para detectar fallos
ao longo do curso. |
Estudo de casos |
Realización de traballos, individual ou en grupo, propostos polo profesorado e orientados ao control
de calidade en industrias do ámbito enerxético. |