Tema |
Subtema |
Introdución e presentación da materia |
Xustificación da materia no plan de estudos. Obxectivos da materia. Información sobre planificación docente, actividades formativas, sistemas de avaliación, materiais docentes. |
O papel da minería como provedor de materias primas |
Breve reseña histórica da minería. Clasificación das sustancias minerais. A industria mineira: conceptos básicos, características e singularidade. Panorama actual dos recursos minerais no mundo e en España. O papel da minería como provedor para a industria. O papel da minería na descarbonización e dixitalización da economía. Minerais críticos para a UE. Terminoloxía básica na industria mineira en castelán e inglés. |
Cadea de valor en minería |
Recursos e reservas. Concepto de lei. Cadea de valor en minería. O ciclo mineiro e as súas fases. Proxecto mineiro. |
A explotación de recursos mineiros e a sustentabilidade |
Minería e sustentabilidade. Normas UNE sustentabilidade. O papel da minería nun modelo de produción de economía circular |
Explotacións a ceo aberto |
Variables xeométricas e económicas das explotacións a ceo aberto. Ratio xeométrico. Ratio económico. Introdución á planificación mineira. Estimación de ocos mineiros para casos sinxelos por métodos analíticos |
Ciclo de produción en minería a ceo aberto |
Ciclo mineiro principal e auxiliar en minería ao descuberto. Operacións e maquinaria de arranque, carga, transporte e servizos en minería a ceo aberto. Dimensionado de equipamento mineiro. Dixitalización nas operacións mineiras. |
Canteiras para materiais de construción e obra pública |
Características xerais das canteiras de materiais de construción e obra pública. Ciclo básico de produción. Técnicas de arranque de rocas ornamentais |
Curtas |
Descrición do método de explotación por curta. Campo de aplicación, vantaxes e limitacións. Tipos de curtas. |
Minería por transferencia |
Descrición do método de explotación por transferencia. Método de explotación por descuberta. Campo de aplicación, sistemas de explotación |
Minería química |
Minería por lixiviación: ciclo básico de produción. Sistemas de lixiviación. Comparación dos sistemas de lixiviación. Outros métodos de minería química |
Ordenamento xurídico da actividade mineira |
Marco lexislativo de actividades mineiras en España. Normativa sectorial e transversal. Clasificación dos recursos mineiros desde o punto de vista administrativo. Dereitos mineiros.
Ordenamento xurídico no ámbito autonómico. Lei de Ordenamento da Minería 3/2008. |
A dirección facultativa |
Funcións e responsabilidades da dirección facultativa. Normativa de aplicación.
Elaboración e interpretación de plans de labores sinxelos dunha mina a ceo aberto.
Elaboración e interpretación de planos de labores en minería a ceo aberto |