Consideracións sobre a avaliación continua: Os exames teóricos e prácticos previos ao exame final de primeira oportunidade (Final de xaneiro) permitirán obter 2,0 puntos sobre un total de 10 puntos. O exame de problemas previo ao exame final de primeira oportunidade (Final de xaneiro) permitirá obter 4,0 puntos sobre un total de 10 puntos. Para aqueles estudantes en avaliación continua, estes exames non son recuperables na primeira oportunidade (finais de xaneiro). Consideracións de segunda oportunidade O alumnado poderá realizar un exame que incluirá preguntas sobre todos os contidos da materia, podendo acceder ao 100% da nota. Consideracións de avaliación global Os exames realizados na data oficial consistirán en tres probas teóricas e unha práctica tipo test, puntuando cada unha delas 0,5 puntos. Os outros oito puntos son a resolución de problemas.
Calendario de exames.Verificar/consultar de
forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |