Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As medicións e os resultados pedidos na memoria de cada práctica serán avaliados a través dun informe de prácticas ou cuestionario tipo test. Realizarase polo menos unha práctica. Peso: entre un 5% e un 15%, en función do número de prácticas realizadas ao longo do curso (na caixa figura un 10% como valor medio representativo).
Ver outros comentarios para os pesos e o método de avaliación.


RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica. Coñecer os procesos experimentais máis utilizados cando se traballa con fluxos de fluídos. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de fluxos de fluídos. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C15
D1
D3
D4
D5
D10
Resolución de problemas Breves cuestionarios para o asentamento da teoría que poderán constar de: cuestións teóricas ou prácticas, incluída a resolución de breves exercicios. Poderán ser cuestionarios tipo test. As preguntas estarán baseadas no tratado/explicado nas últimas leccións maxistrais xusto antes da proba. Realizarase a polo menos unha proba. Serán probas síncronas en clase, en papel ou na plataforma de teledocencia. Peso: entre un 5% e un 25%, en función do número de probas realizadas ao longo do curso (na caixa figura un 20% como valor representativo). Ver outros comentarios para o método de avaliación.


RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e a Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C15
D1
D3
D4
D5
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá en dúas probas escritas que poderán consistir en cuestións teóricas/prácticas que inclúan resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Cada proba representará o 15% da nota total. Para máis información, consultar metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a a avaliación"

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C15
D1
D3
D4
D5
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba coincidirá co exame oficial establecido polo centro. Consistirá nunha proba escrita para a resolución de exercicios/problemas. Consultar metodoloxía detallada no apartado
"outros comentarios sobre a a avaliación".

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C15
D1
D3
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en calquera caso de acordo á normativa vixente.

Nesta materia calcularanse dous notas para cada estudante, unha derivada da modalidade de avaliación continua e outra da avaliación global, e asignaráselle a máis alta das dúas.

Modalidade Avaliación Continua

No calculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os seguintes pesos:

- Prácticas de laboratorio (10%): entrega dun informe/cuestionario e/ou realización dunha proba oral de polo menos unha práctica experimental/TIC ao longo do curso.

- Resolución de problemas (Cuestionarios para o establecemento da teoría, 20%): cuestionarios a cubrir na clase en formato papel ou na plataforma de teledocencia.

- Exame de preguntas de desenvolvemento (Primeira proba parcial de avaliación continua, 15%): proba consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple.

- Exame de preguntas de desenvolvemento (Proba parcial de segunda avaliación continua, 15%): proba consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple.

- Resolución de problemas e/ou exercicios (Proba final de avaliación continua, 40%): proba consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple.

No espírito do parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante a seguinte fórmula:

Nota-Actas = máx {0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/30)NC(10 - NF)}

onde NC é a media ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10) e NF é a nota do exame final  (tamén sobre 10).

 Modalidade Avaliación Global

Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola cunha puntuación do 100% da materia.

 Segunda oportunidade

Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto, gárdase a nota das probas parciais e de prácticas.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000