Propóñense dúas oportunidades de Avaliación Continua (AC): a) Primeira oportunidade AC (ao final do cuadrimestre). Con obxecto de facilitar unha avaliación continua durante o
cuadrimestre faranse dous exames parciais voluntarios (con contidos das sesións
maxistrais de Teoría (T) e das de resolución de exercicios/Problemas (P)), que
de ser aprobados liberan os contidos correspondentes no exame final escrito da Primeira Oportunidade. Para
superar estes exames parciais voluntarios é necesario obter unha nota mínima de
3,50 nas probas escritas (T e P) e unha media (0.5*(T+P)) igual ou superior a 5. Cada
exame parcial voluntario supón un 70/3 % da nota da materia. Outras Probas Voluntarias de Teoría, semanais,(PVT) ou de
Problemas (PVP), mensuais, incrementan soamente a nota final si se acada unha
nota media mínima de 3,50 nos exames escritos (T e P). A asistencia ás sesións
de Grupos B (SB) e Grupos C (SC) é obrigatoria, polo tanto a cualificación
obtida na Memoria de Traballo de Seminario/Proxecto de Física (PF) e na Memoria
de Prácticas de Laboratorio (L) pondérase de acordo coa asistencia
correspondente. Poden incrementar a súa nota si se realizan as Probas Voluntarias
de Laboratorio (PVL). b) Segunda
oportunidade AC (xullo). Mantense os valores obtidos anteriormente nos
seguintes avaliables: PVT, PVP, PVL, SB, SC, PF e L. O exame escrito consta
agora de 3 exercicios e 9 preguntas de resposta curta e asume no seu conxunto,
como na Primeira oportunidade AC, 70% da nota final. En
ambas oportunidades AC a Nota Final obténse mediante a seguinte fórmula: Nota Final =
Nota
A + Nota B + Nota C Nota A = [(T +PVT)
+ (P + PVP)] * 0,35 Nota B = (L +PVL)
* SB * 0,15 Nota C = (PF +PVL)
* SC * 0,15 T1, T2, T3:
nota
de Teoría dos bloques 1 (Óptica), 2 (Campo Eléctrico) e 3 (Campo Magnético), respectivamente P1, P2, P3:
nota
de Problemas dos bloques 1 (Óptica), 2 (Campo Eléctrico) e 3 (Campo Magnético),
respectivamente T: media das notas
de teoría P: media das notas
de problemas T + PVT:
engádese a nota das PVT se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos P + PVP:
engádese a nota das PVP se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos L: nota media
das 5 prácticas de laboratorio SB: asistencia
ás sesións B (SB = nº de sesións asistidas/5) L + PVL:
engádese a nota das PVL se L iguala ou supera os 3,50 puntos PF: nota do Proxecto
de Física SC: asistencia
ás sesións C (SC = nº de sesións asistidas/3) PF + PVL: engádese
a nota das PVL se PF iguala ou supera os 3,50 puntos
O alumnado dispón na Telemateria de MooVi dun simulador de cálculo de
cualificacións.
Avaliación Global (AG): Aquel alumnado que
non poida cumprir co método de avaliación continua (AC) descrito poderá acollerse en prazo a unha avaliación única global, entendendo por tal a
que se realiza nun só acto académico, a cal poderá incluír cantas probas sexan
necesarias para acreditar que o estudantado adquiriu a totalidade das
competencias descritas na presente Guía Docente. Calendario de exames.
Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:
http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |