PROBAS DE AVALIACIÓN A avaliación do rendemento do alumnado realizarase mediante dous tipos de probas: PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA: Dúas probas escritas durante o cuadrimestre. EXAME FINAL Un exame final de toda a materia na primeira oportunidade (xaneiro) e na segunda (xuño/xullo) nas datas fixadas pola Escola. MODALIDADES DE AVALIACIÓN Haberá dúas modalidades de avaliación: 1.- AVALIACIÓN CONTINUA: Cada proba escrita a metade do cuadrimestre suporá un 30% e o exame final/remediativo o 40%. 2.-AVALIACIÓN GLOBAL: O exame final contará o 100%. Nota: Realizarase un único exame final que será o mesmo independentemente da modalidade de avaliación aplicable en cada caso. Procedemento de elección da modalidade de avaliación (continua/global): O alumnado ten dereito a elixir o sistema de avaliación que mellor se adapte ás súas circunstancias. Nesta materia, a elección poderá realizarse en calquera momento, aínda que teñan superadas todas as probas de avaliación continua. METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN POR DEFECTO O problema da elección por parte do alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou doutra maniféstase de forma máis dramática no caso dos estudantes que realizan o exame final e, obtendo nela exactamente a mesma nota (por exemplo, un 6), se supera por ter escollido a avaliación global e a outra suspenso por ter optado pola avaliación continua e só ter obtido un 4,2 sobre 10 na media das dúas probas de avaliación continua. Para paliar esta contradición regulamentaria, nesta materia computaranse dúas cualificacións para cada alumno/a e a cada alumno/a asignarase a máis alta das dúas. FÓRMULA COMBINADA PARA A NOTA FINAL DE CURSO No espírito do parágrafo anterior, a cualificación final da materia asignarase a todos os/as alumnos/as mediante a seguinte fórmula: NF = máximo {0,6*NEC + 0,4*NEF, NEF + (1/20)*NEC*(10-NEF)}, onde NEC é a media das dúas probas de avaliación continua (no rango 0-10) e NEF é a nota do exame final (tamén superior a 10). Calendario de exames. Verificar/consultar de forma
actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |