Avaliación continua - primeira oportunidade: O alumnado será avaliado segundo os baremos recollidos na táboa superior. Para superar a materia, deberase obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos ítems avaliables. Avaliación continua - Segunda oportunidade: Conservarase a nota das probas e traballos realizados durante a primeira oportunidade. O alumnado deberá facer entrega daqueles traballos e informes de prácticas que non entregase na primeira oportunidade. Aquel alumnado que o solicite, poderá volver ser avaliado das probas de preguntas tipo test e/ou da proba de preguntas obxectivas, que se realizarán na data de exame oficial da segunda oportunidade. Para superar a materia, deberase obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos ítems avaliables. Avaliación global (primeira e segunda oportunidade): Aquel alumnado que renuncie á avaliación continua, avaliarase como sigue: - Traballo tutelado: 50% da nota. Terá que ser entregado antes da data oficial de exame. O alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 (2,5 sobre 5) para aprobar a materia. - Proba de preguntas tipo test e de desenvolvemento: 50% da nota. O alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 (2,5 sobre 5) para aprobar a materia.
|