A materia pode ser superada a través de dúas modalidades: A) Avaliación Continua. A calificación final (CF) do/a estudante determinarase sumando os
puntos obtidos nas sucesivas actividades de avaliación continua (resolución de
problemas con resposta argumentada, proba tipo Test, proba de preguntas
obxectivas, cuestións teóricas, etc.), tanto presenciais como telemáticas,
desenvolvidas ao longo do curso, Cada matricula na materia, no curso, supón a posta a cero das
cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursos
anteriores O alumnado suxeito á modalidade de Avaliación Continua que se
presente a algunha actividade avaliable recollida na Guía Docente da materia,
será considerado como "presentado" e se lle terá en conta para a
calificación final. As actividades de avaliación serán notificadas con suficiente
antelación, e se realizarán dentro do período e horario lectivo aprobado polo
centro, durante as sesións en aula e/ou sesións de problemas e/ou laboratorio
que teñen lugar ao longo do curso. En caso de insuficiencia de medios, o
profesorado articulará o mecanismo de planificación que garanta o mellor axuste
ao horario. B) Avaliación Global. O alumnado que elixa sexa a modalidade de avaliación global deberá
obter oficialmente a renuncia á modalidade de avaluación continua, utilizando
as canles previstas pola escola, e será avaliado dentro do período de probas
oficiais (dúas oportunidades de avaliación do curso) marcado no calendario
académico do curso nas datas oficiais fixadas polo centro. Nesta modalidade de avaliación global terase en conta todos
os contidos impartidos na materia, tanto aqueles impartidos nas clases docentes
de teoría, sesións de problemas e prácticas de laboratorio, e suporá o 100% da
nota. Criterios de calificación En calquera caso é necesario obter unha calificación final igual
ou superior a 5 puntos para superar a materia, en calquera das dúas
oportunidades de avaliación O alumnado deberá xustificar ou argumentar todos os resultados que
se propoñan nas solucións propostas nos problemas de resposta extensa. Non se
dará ningún resultado por sobreentendido e se terá en conta o desenvolvemento
explicativo empregado para chegar á solución proposta. Na primeira oportunidade,
a calificación do alumnado (CF), seguindo a modalidade de
avaliación continua, se calculará sumando as distintas notas obtidas nas
sucesivas actividades de avaliación continua. Se a sua elección é a
modalidade de avaliación global, a calificación do alumnado (CF)
determinarase ao considerar a suma das notas da parte de proba escrita e a
específica. O alumnado que non supere a materia, terá unha segunda oportunidad de avaliación onde se
lle calificarán todos os contidos da materia, tanto aqueles impartidos nas
clases docentes de teoría, sesións de problemas e prácticas de laboratorio, e
suporá o 100% da nota. Calendario de exames Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro. |