Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante o exercicio de rutinas, aplicación de fórmulas ou algoritmos, aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible, e interpretación dos resultados. Emprégase normalmente como complemento da lección maxistral. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementos relacionados coa materia, desenvolvidas en espazos con equipo especializado. |