Prácticas de laboratorio |
Realización de práctica de laboratorio.
Avaliación dos informes das actividades realizadas nas sesións de laboratorio.
Nesta metodoloxía trabállanse todolos resultados previstos na materia |
25 |
|
B3
|
|
D3 D4 D5
|
Primeira Oportunidade: A avaliación constará de tres apartados: - Estudo de casos (35% do total da materia): realización de traballos propostos polo profesorado en temáticas relacionadas coa materia. Levarase a cabo ao longo de todo o cuadrimestre. Avaliaranse os informes ou presentacións realizadas polo alumnado. - Prácticas de laboratorio (25% do total da materia): realización das prácticas e dos informes de actividades correspondentes. Levarase a cabo ao longo de todo o cuadrimestre. Avaliaranse os informes entregados polo estudantado. - Exame (40% do total da materia): proba escrita que se levará a cabo no día oficial fixado pola Escola. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo de 2 sobre 10 puntos no apartado "Exame" e acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.
- Exame (100% do total da materia): proba escrita que se levará a cabo no día oficial fixado pola Escola. Para superar a materia será necesario acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.
Por defecto, a avaliación será na modalidade de Avaliación Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo o alumnado que o desexe e o faga no prazo e forma fixado polo profesorado ao inicio do cuadrimestre (tras un mes desde o inicio do curso, como se indica na normativa do centro). Trala renuncia, o profesorado comunicaralle ao/a alumno/a o seu cambio á modalidade de Avaliación Global.
____________________________________________________________________________________
A avaliación constará dos mesmos apartados considerados na convocatoria de Primeira Oportunidade: - Estudo de casos (35% do total da materia) - Prácticas de laboratorio (25% do total da materia) - Exame (40% do total da materia) O alumnado que continue na modalidade de Avaliación Continua, conservará a nota acadada ao longo do cuadrimestre nos apartados "Estudos de casos" e "Prácticas de laboratorio". O Exame levarase a cabo na data oficial fixada pola Escola. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo de 2 sobre 10 puntos no apartado "Exame" e acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.
- Exame (100% do total da materia): proba escrita que se levará a cabo no día oficial fixado pola Escola. Para superar a materia será necesario acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.
O alumnado que cursara a materia na modalidade de avaliación continua, e que así o solicite na forma e prazo especificado polo profesorado, poderá concorrer á Convocatoria de Segunda Oportunidade na modalidade de Avaliación Global. |