Avaliación continua-Primeira Oportunidade: O alumnado deberá obter unha avaliación mínima de 5 puntos sobre 10 en todos os items/probas da materia. Na data oficial de exame realizarase a proba de preguntas de desenvolvemento soamente. Avaliación continua-Segunda Oportunidade: O alumnado deberá obter unha avaliación mínima de 5 puntos sobre 10 en todos os items/probas da materia. Na data oficial de exame realizarase a proba de preguntas de desenvolvemento soamente.
Avaliación Global-Primeira e segunda oportunidade: O alumnado que renunciou á avaliaciónn continua entregará o traballo de auditoría antes da data oficial para o exame, valorándose como o 50% da nota total e, ademáis, deberá aprobar o exame de preguntas de desenvolvemento que se valorará como o 50% da nota final. O alumnado que non asista a clase deberá realizar unha proba sobre contidos da materia na que demostre que domina as ferramentas empregadas nas aulas de informática, ademais dun exame sobre coñecementos impartidos nas aulas de teoría onde responderá a preguntas sobre temas a desenvolver e problemas. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |