Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realízanse dúas probas con preguntas teóricas e exercicios prácticos de desenvolvemento, unha durante o cuadrimestre e outra na data do exame oficial prevista no calendario do centro. Cada proba ten un peso do 40% da nota total.
É necesario obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 en cada unha das probas. De non acadarse este mínimo, a nota final será como máximo de 4,5.
Resultados previstos na materia:
Dominar as técnicas para a análise de sistemas eléctricos de potencia en réxime estacionario.
Coñecer a normativa e os principios da operación nos sistemas eléctricos
Coñecer os elementos que constitúen as redes eléctricas.
Comprender os procesos de regulación nas redes eléctricas
Adquirir habilidades sobre a análise de sistemas eléctricos en réxime estacionario.
Adquirir habilidades sobre a análise de sistemas eléctricos en réxime dinámico.
Comprender os aspectos básicos da operación óptima da xeración e as perdas no sistema eléctrico |
80 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B3 B5
|
C22 C23
|
D1 D2 D3
|
CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua realizarase a partir da suma das cualificacións obtidas nas metodoloxías antes mencionadas.
CONSIDERACIÓNS DE SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado realizará un exame con cuestións teóricas e exercicios prácticos de desenvolvemento que lle permitirán acadar o 100% da nota. CONSIDERACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que renuncie á avaliación continua realizará un exame sobre todo o contido da materia, que lle permitirá acadar o 100% da nota total. |