Avaliación continua – Primeira oportunidade: Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas parciais escrita (P1 e P2) con contidos das sesións maxistrais e das de resolución de problemas. Cada unha delas representará o 35% da nota da materia. Os contidos avaliados na P1 non serán obxecto de avaliación na segunda proba parcial (P2). Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha cualificación global igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Para facilitar a avaliación continua e o seguimiento dos contidos vistos nas sesións maxistrais, ao longo do cuadrimestre realizaranse probas de autoavaliación (PAV) a través da plataforma de teledocencia que representarán o 20% da nota da materia. As prácticas de laboratorio (PL) xunto coas prácticas con apoio das TIC (PTIC) representarán o 5% da nota da materia. A avaliación dos informes de resultados obtidos en cada práctica quedará suxeita á asistencia presencial a estas sesións. Avaliación continua - Segunda oportunidade: O exame da segunda oportunidade constará dunha proba escrita, coa puntuación do 70%, cuxo contido virá determinado polo temario común das sesións maxistrais e resolución de problemas. Conservarase a nota correspondente ás probas de autoavaliación (PAV-20%), prácticas de laboratorio (PL-5%) e TIC (PTIC-5%). Aquel alumnado que o solicite, será novamente avaliado dos contidos correspondentes a PL e/ou PTIC mediante unha proba escrita, que se realizará na data oficial do exame da segunda oportunidade. Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Avaliación global: Aquel alumnado que renuncie á avaliación continua terá dereito a unha proba global, escrita, coa puntuación do 100% avaliada na data final do exame. Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
|