Nesta materia introdúcense os conceptos básicos de balances de materia e enerxía, de reactores químicos e das operacións unitarias baseadas na transferencia de materia máis empregadas na industria.
Tamén se expoñen os fundamentos dos procesos aos que se someten os recursos enerxéticos fósiles antes da súa utilización, así como a obtención de compostos orgánicos moi utilizados na vida diaria.
Materia do programa English Friendly: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materias e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as tutorías en inglés c) probas e avaliacións en inglés