Consideracións de avaliación continua: Para superar a materia precísase un mínimo dun 3,5/10 en cada un dos apartados avaliables. No caso de que sumando todas as cualificacións a nota sexa igual ou superior a 5, pero non se alcance a puntuación mínima nalgún dos apartados avaliables, a nota final será 4. Consideracións de avaliación global:O alumnado terá un prazo máximo de dous meses tras o inicio do curso para renunciar a avaliación continua. Esta proba global pode incluir preguntas das prácticas de laboratorio e das prácticas con apoio das TIC, polo tanto, o alumado podrá alcanzar o 100% da calificación. Consideracións de segunda oportunidade:Na segunda oportunidade manteranse as notas das prácticas de laboratorio e prácticas con apoio TIC para aquel alumnado que superase estas metodoloxías. Para aqueles que non as superasen ou que tivesen renunciado a avaliación continua o exame de segunda oportunidade pode incluir preguntas destas metodoloxías. |