AVALIACIÓN CONTINUA - Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuadrimestre, sendo obrigatoria a asistencia. - Poderanse esixir requisitos previos para a realización de cada práctica no laboratorio, de forma que limiten a máxima cualificación a obter. - Considerarase como "presentado" o alumnado sometido a Avaliación Continua que se presente a algunha actividade avaliable reflectida na Guía Docente da materia. - Para superar a materia deberán superarse as dúas probas (escrita e práctica), obtendo a nota total segundo a porcentaxe indicada anteriormente. No caso de non superar as dúas ou algunha das partes, poderase aplicar un baremo ás notas parciais para que a nota total non supere o 4,5. - No exame final poderá establecerse unha puntuación mínima nun conxunto de preguntas para superalo. - Poderanse
propor actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a
cualificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente AVALIACIÓN GLOBALO alumnado que renuncie á Avaliación Continua deberá realizar un exame práctico de laboratorio. Neste exame pódese establecer unha puntuación mínima nun conxunto de preguntas para superalo. SEGUNDA OPORTUNIDADENeste caso, mantéñense os criterios establecidos para a avaliación global na primeira oportunidade. Calendario de exames. Verificar/consultar información actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |