Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As medicións e resultados solicitados na memoria de cada práctica serán avaliados mediante un informe de prácticas ou cuestionario de opción múltiple. Realizarase polo menos unha práctica. Peso: entre un 5% e un 15%, dependendo do número de prácticas realizadas ao longo do curso (o 10% figura no recadro como valor medio representativo).
Ver outros comentarios sobre pesos e método de avaliación.
RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica. Coñecer os procesos experimentais máis utilizados cando se traballa con fluxos de fluídos. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de fluxos de fluídos. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C15
D5
Resolución de problemas Cuestionarios breves para establecer a teoría que poden consistir en: cuestións teóricas ou prácticas, incluída a resolución de exercicios breves. Poden ser cuestionarios de opción múltiple. As preguntas estarán baseadas no tratado/explicado nas últimas clases maxistrais xusto antes da proba. Realizarase polo menos unha proba. Serán probas sincrónicas en clase, en papel ou na plataforma de teledocencia. Peso: entre un 5% e un 25%, dependendo do número de probas realizadas ao longo do curso (o 20% figura no recadro como valor representativo). Ver outros comentarios para o método de avaliación.
RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e a Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
C15
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá en dúas probas escritas que poderán consistir en: cuestións teóricas/prácticas que inclúan resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Cada proba representará o 15% da nota total. Para máis información, consulta a metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a avaliación".

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C15
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba coincidirá co exame oficial establecido no calendario do centro. Consistirá nunha proba escrita para a resolución de exercicios/problemas. Consulta metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a avaliación"

RESULTADOS PREVISTOS NA MATEIRA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
C15
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A/O alumna/o
poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua)
dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en
calquera caso de acordo á normativa vixente.

Nesta materia calcularanse dúas notas para cada estudante, unha
derivada da modalidade de avaliación continua e outra da avaliación
global e se lle asignará a máis alta das dúas.

Modalidade
Avaliación Continua

No calculo da
cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os
seguintes pesos:

- Prácticas de laboratorio (10%):
entrega dun informe/cuestionario e/ou realización dunha proba oral de polo
menos unha práctica experimental/TIC ao longo do curso.

- Resolución de problemas
(Cuestionarios para o establecemento da teoría, 20%): cuestionarios a cubrir na
clase en formato papel ou na plataforma de teledocencia.

- Exame de preguntas de
desenvolvemento (Primeira proba parcial de avaliación continua, 15%): proba
consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios
e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de
opción múltiple.

- Exame de preguntas de
desenvolvemento (Proba parcial de segunda avaliación continua, 15%): proba
consistente en cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios
e problemas e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de
opción múltiple.

- Resolución de problemas e/ou
exercicios (Proba final de avaliación continua, 40%): proba consistente en
cuestións teórico-prácticas, incluíndo resolución de exercicios e problemas
e/ou desenvolvemento dun tema. Poderían incluír cuestionarios de opción múltiple.

No espírito do
parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante
a seguinte fórmula:

Nota-Actas = máx
{0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/30)NC(10 - NF)}

onde NC é a media
ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10)
e NF é a nota do exame final  (tamén sobre 10).

 Modalidade
Avaliación Global

Farase un exame
final na data oficial aprobada en xunta de escola cunha puntuación do 100% da materia.

 Segunda
oportunidade

Na convocatoria
de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía
que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final
para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario
seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto,
gárdase a nota das probas parciais e de prácticas.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000