Estudo de casos |
O alumnado desenvolverá diferentes casos prácticos onde comproben a utilidade real dos conceptos teóricos tratados nas clases maxistrais
Os casos prácticos desenvolveranse en grupo e o estudantado deberá entregar os casos unha semana despois de rematar a sesión guiada polo profesorado.
Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. Saber avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lle permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química. |
10 |
A4 A5
|
B3 B4 B5
|
C5
|
D5
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exponse ao alumnado unha serie de problemas onde se aplicarán os conceptos teóricos tratados durante o desenvolvemento da materia que se realizará na data do exame oficial. Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. Comprender que o coñecemento científico interactúa coa tecnoloxía, segundo as características e necesidades da sociedade en cada momento. |
20 |
A4 A5
|
|
|
D5
|
1.- Consideracións sobre a avaliación continua:
O alumnado poderá renunciar ao sistema de avaliación continua no prazo fixado o día de presentación da materia. Debese sacar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos aspectos avaliados. 2.- Consideracións sobre a segunda oportunidade.
A cualificación basearase unicamente na avaliación dun exame final, que poderá incluir preguntas correspondentes ás prácticas de laboratorio e os casos prácticos. Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10. 3.- Consideracións sobre a avaliación global. O alumnado deberá acadar un mínimo do 50% da nota máxima para superar a materia en todas as metodoloxías de avaliación consideradas (prácticas de laboratorio, casos prácticos, probas de autoavaliación e exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas). O alumnado que renunciase á avaliación continua deberán realizar un único exame na data oficialmente establecida no calendario da EME onde se avaliarán os contidos tratados en todas as metodoloxías mencionadas.
Calendario de exames. Consulta/consulta actualizacións na páxina web do centro:
http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |