Para ter dereito a ser
avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumno deberá asistir,
polo menos, a un 75% das clases presenciais. - Primeira oportunidade
de examen:1. - Os alumnos que se someten a avaliación continua serán
avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado
da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica
relativa ao estudo de casos (40%).
2. - "Os alumnos que non se
someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito
sistema a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo
resultado obtido nun exame final, que consistirá nunha proba
teórico-práctica, que terá que defenderse ante un tribunal integrado por
tres profesores da materia.
Segunda oportunidade de examen:1. -
No exame de xullo os alumnos que se sometan ao sistema de avaliación
continua conservarán a nota que obtiveran no curso.
2. - Os alumnos
que non se sometan a avaliación continua, ou que queden excluídos do
devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun examen final, que consistirá
nunha proba teórico-práctica, que terá que defenderse ante un tribunal
integrado por tres profesores da materia. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. Non está permitido levar ao examen ningún dispositivo electrónico.
Durante a realización das probas de avaliación o alumnado
ten a obriga de desenvolver un comportamento xurídico e éticamente correcto,
tal como dispón o artigo 65 b) do Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, no que foron
aprobados os Estatutos da Universidade de Vigo. E cumprir co establecido no
artigo 47.2 f) da Resolución do 7 de maio de 2021 pola que se aproba o
Regulamento de estudantes desta universidade.
|