Traballo tutelado |
Celebrado o acto de presentación pública do TFM, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tomando en consideración a calidade do contido do TFM, así como a propia exposición, en particular, a claridade expositiva e a capacidade de debate e defensa argumental do/a alumno/a. Na avaliación aplicaranse os seguintes criterios:
1.- Informe do/a titor/a: ata 2 puntos.
2.- Calidade do contido: Ata 5 puntos.
a. Metodoloxía: máx. 2 puntos.
b. Calidade da redacción: máx. 1 punto.
c. Conclusións: máx. 2 puntos.
3.- Exposición: Ata 3 puntos.
a. Claridade expositiva: máx. 2 puntos.
b. Capacidade de debate e defensa argumental: máx. 1 punto.
Aos efectos da ponderación do apartado 1 o/a titor/a deberá emitir unha puntuación numérica sobre base 10.
A cualificación final será a resultante da media aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal avaliador máis a ponderación da nota do apartado 1. |
100 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
|