Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito do traballo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escrita que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos epígrafes ou subepígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40% da nota final.
Non obstante, para poder ser avaliado polo sistema de avaliación continua, é preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba.
40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C8
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo/a docente no cronograma da materia. 40 A2
A3
A4
B1
B2
D1
D3
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo/a docente responsable o primeiro día da clase. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade.

a) Avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar unha asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DE OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO TEST -EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PUIDENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.

b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final, computando o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica.

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2ª oportunidade)

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade.

Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade.

Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a sera avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico que representará a 100% da nota final (70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000