No caso de que as autoridades tivesen que tomar medidas que imposibilitasen a docencia presencial os profesores desta materia tentaremos adaptarnos á nova situación seguindo as directrices que ben a Xunta de Galicia, ben a universidade de Vigo diten respecto diso.
En canto á metodoloxía docente nosa idea é cambiar as clases presenciais por unhas virtuais a través do campus remoto. Os contidos que se impartirán non cambiarán e, por tanto, non se vai a necesitar nova bibliografía.
En canto ao sistema de avaliación a nosa idea é cambiar os exames presenciais por uns virtuais a través dalgunha das plataformas que a universidade habilite a tales efectos. |